Máis Medrando con Apego para o último trimestre do ano

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Do 18 deste mes ao 20 de decembro, oito serán as actividades para a cativada

12 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Concellaría de Normalización Lingüística de Carballo vén de anunciar máis actividades do programa Medrando con Apego para o último trimestre do ano, dende o 18 deste mes ata o 20 de decembro. Oito serán as propostas para a cativada de 0 a 6 anos. É unha iniciativa que busca facilitar a socialización en galego dos nenos e das nenas.

Inscricións

Arrancará cuns obradoiros de seguridade viaria no mercado, en horario de tarde. O prazo xa está aberto en snl@carballo.gal. Os escenarios, ao igual que as actividades, serán variadas. As anotacións para cada unha delas abrirán unha semana antes. Haberá espectáculos para bebés, unha proposta na piscina, unha ruta en familia polo Anllóns e ata unha foliada con entidades locais. Son más de 350 familias as adheridas, segundo informa o Concello.