
A cuarta edición deste certame terá lugar en Baio entre o 30 de outubro e o 2 de novembro
15 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A organización dos IV Premios Fouciño, que terán lugar en Baio do 30 de outubro ao 2 de novembro con cifra récord de inscritos (65), vén de anunciar aos padriños desta edición, elixidos para «poñer o foco naquelas profesións do audiovisual que son menos visibles dende fóra» e para darlle valor ao talento local. Serán Mabel Montes, que dende hai 26 anos traballa para a CRTVG en diferentes departamentos, e Chema Rei, lingüista en series e programas da televisión autonómica dende hai 24 anos.