O historiador e escritor vimiancés dará unha conferencia convidado por Amigos dos Museos de Galicia
16 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Convidado pola asociación Amigos dos Museos de Galicia, o escritor, historiador e etnógrafo vimiancés Xosé María Lema ofrecerá mañá unha conferencia en Portas Ártabras, na Coruña: Arte relixiosa na Costa da Morte, artistas e obradoiros rurais dos séculos XVIII e XIX. Será ás 20.00 horas e, como idea central, o feito de que nas igrexas parroquiais e ermidas desta comarca rural tamén hai obras de arte de mérito. Houbo activos obradoiros de escultoría en Borneio, Baio, Sandrexo, Troitosende ou Portomouro; pintores de retablos e imaxes en Cee ou Corcubión, e tamén prateiros na Ponte do Porto. Humildes mestres rurais que estaban ao tanto das novidades artísticas das cidades.