Comedia na Laracha, cine en Vimianzo e outras propostas a 8 de novembro

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Os 30 anos do bravú chegan a Carballo con Xurxo Souto e o documental «XXX Bravú»

08 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ademais dun novo espectáculo na Mostra de Teatro de Malpica (ver aquí), tamén estas citas para hoxe, 8 de novembro, na Costa da Morte:

Teatro en A LarachaHai xa máis de dous decenios que o ciclo Venres Teatrais está levando espectáculos de primeiro nivel a A Laracha. Hoxe bota andar unha nova edición coa comedia Entrega en man, con Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay e Diogo Sales sobre o escenario: 21.00, Casa da Cultura, con entrada de balde. Entre os temas, o racismo, o machismo e a xenofobia.

Proxección de «O Corno» en VimianzoAvanza o Ciclo Mestre Mateo, iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que trae á capital de Soneira o mellor cine galego. Hoxe toca ficción, coa premiada longametraxe O Corno, dirixida por Jaione Camborda e con Janet Novás como protagonista: 20.00 horas, auditorio da Casa da Cultura, acceso de balde (non recomendado para menos de 12 anos).

Doazón de voz Carballo • Chega a Carballo o Proxecto Nós, promovido pola Xunta e USC. En 15 minutos, a quen queira colaborar gravaráselle a súa voz para contribuír así ao desenvolvemento de ferramentas de intelixencia artificial que permitan relacionarse en lingua galega con calquera dispositivo electrónico. Xornada de 10.00 a 14.00 de 16.00 a 20.00 horas, na Aula CeMIT do Pazo da Cultura.

Segue Feirauto en BaioAberto todo o día. Variedade de vehículos, para todos os petos, con boas condicións de financiamento e as garantías da traxectoria Feirauto.

BASILIO BELLO

Presentación literaria en Carballo • Ás 20.00 horas, na libraría Clarión (rúa Valle Inclán). Alí poderase coñecer máis da obra Na escuridade das ondas, da man do seu autor, Fernando Patricio Cortizo.

Os trinta anos do bravú chegan ao Pazo de Carballo

Hoxe • 20.30 horas • Din que XXX Bravú é un filme documental no que Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento. E quen coñece a Souto sabe que conseguirá facelo. A proxección do traballo —20.30 horas, auditorio do Pazo da Cultura— completarase en Carballo, concello que ademais brindou apoio económico, cun coloquio co propio Souto e con Benxamín Queiro, dos Impresentables de Vimianzo, así como Rosabel Candal, produtora. Acceso aberto e gratuíto, ata completar aforo.