Levará unha moción ao vindeiro pleno
12 nov 2024 . Actualizado a las 18:38 h.O BNG da Laracha levará ao pleno unha moción en defensa do galego. Reclamará ao goberno local numerosas accións nese sentido, por exemplo solicitando o programa de subvencións para financiar gastos de persoal de normalización lingüística, ou adheríndose á plataforma Queremos Galego.
Os nacionalistas queren reverter os malos datos coñecidos do IGE recentemente sobre o uso da lingua, situación que cualifican de «emerxencia», debido a unha «política lingüística discriminatoria e excluínte aplicada nos últimos quince anos de goberno do PP na Xunta». Recoñecen que non hai estudos sobre a incidencia na Laracha, «pero non fai falla máis que escoitar e observar» para constatar como foi mudando o uso, a moito menos.