Unha mirada literaria a un modo de vida que se está extinguindo, en Baio

M. López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O Abaladoiro | A escritora moañesa Iria Collazo inaugurou este luns as xuntanzas do club de lectura «Baiolendo»

13 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora moañesa Iria Collazo inaugurou este luns as xuntanzas do club de lectora Baiolendo, unha iniciativa premiada polo Ministerio de Educación mediante a cal diferentes autores se achegarán ata Baio para debater cos lectores asuntos relacionados coas súas obras. Desta banda, e cunha gran participación e proactividade por parte dos asistentes, Iria falou de Os mortos que amei, dando a coñecer as influencias e fontes de inspiración que tivo á hora de escribir a novela, falando da súa técnica ou poñéndolle nomes aos protagonistas.

Unha «entrañable historia do rural», din dende o instituto Maximino Romero de Lema, entidade promotora do club, «que nos fixo saír, a partes iguais, os sorrisos e as bágoas». «Unha viaxe pola vida de dúas persoas que nos achega [...] un modelo de vida que se está a extinguir e que nos lembra con tenrura aos nosos avós», engaden dende o centro.