Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os artistas dos novos murais de Caión explicarán a súa obra este luns

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Mural de Yoseba MP no acceso á vila de Caión
Mural de Yoseba MP no acceso á vila de Caión BASILIO BELLO

É un acto aberto a cidadanía, previsto para as 13.00 horas, na Avenida da Laracha, diante do mural de Yoseba MP

16 nov 2024 . Actualizado a las 17:30 h.

Luns• Haberá que agardar ata o 2025 para ver outros dous murais lucindo en Caión, pero polo de pronto, este luns 18 de novembro poderase saber máis dos dous que xa están feitos, froito do proxecto O mar de Caión: un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro, promovido polo Concello da Laracha e o GALP Costa da Morte. Estes dous traballos, xa rematados hai uns días, son obra de Yoseba MP, na medianeira dun edificio da Avenida da Laracha, e de Pelucas Pilas Bubbles, na grúa do Porto. Elaboración, historias detrás das imaxes e identidade das persoas que reflicten poderán coñecerse nun acto de presentación previsto para mañá ás 13.00 horas, diante do mural de Yoseba. O Concello fai convite a acudir a toda a cidadanía interesada en saber máis de arte e embelecer de espazos.