Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Rosalía Morlán inaugura un novo espazo no Bela Fisterra e no Bela Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Escritora e divulgadora, pasará o domingo por ambos establecementos

20 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora e divulgadora Rosalía Morlán inaugurará este domingo o que dende o hotel literario Bela Fisterra describen como un «espazo para eventos moi especiais»: Borraxeira.

Diplomada en Enfermaría e profesora asociada na Universidade de Santiago, Rosalía é tamén a secretaria da Fundación Neira Vilas. Ten publicado obras de poesía, de literatura infantil e de teatro, tamén dirixido aos máis novos, cos que gañou varios premios ao longo da súa traxectoria. Así mesmo, leva a cabo un labor de divulgación sobre a poesía en centros educativos.

Este domingo, primeiro no Bela Muxía (11.00) e despois no Bela Fisterra (12.00) recitará en vivo unha peza moi especial dedicada a estes espazos nos que a literatura, e a cultura en xeral, teñen cabida ao longo de todo o ano.

Como sempre, o acceso será completamente libre e gratuíto para todo o mundo.