Un día de ilusión, sobre todo para os máis pequenos

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Xarope Tulú
Xarope Tulú

Axenda diaria | O Nadal marca o groso das propostas na Costada Morte

18 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Mércores 18 de decembro e un mundo de Nadal para hoxe na Costa da Morte:

A LarachaÚltimo día do festival de teatro infantil coa peza Ándele, bon appetit!, da compañía Ghazafelhos, na Casa da Cultura, desta volta para nenos do colexio de Paiosaco (10.00 horas).

Carballo • Avanza a axenda do Conservatorio cun concerto de corda, teclado e coros, ás 19.00 no auditorio do Pazo. Ás 17.00 e 19.30, doutro lado, Xarope Tulú ofrecerá un dobre paso de Corochas, nas Escolas Agra de Caldas, dentro do programa Apego. Para nenos de 0 a 3 anos, será unha viaxe por paisaxes e personaxes a través do conto, a canción e o xogo. Continúa na carpa da Praza do Concello, doutro lado, Nadal Xogo, parque de xogos aberto de 16.00 a 20.00 horas.

Zas • Funcións escolares para alumnos do CPI de Zas (10.30 horas) e Labarta Pose de Baio (12.30): Máis saaabor!, a cargo de Culturactiva.

Cantos de Nadal con Trubisquiña, onte en Bamiro
Cantos de Nadal con Trubisquiña, onte en Bamiro ANA GARCÍA

VimianzoNovo día para o desfrute da pista de xeo da Praza: de 17.00 a 20.00, con xestión de entradas a través da aplicación pertinente ou a traves do bánner da páxina web municipal. Pequenos do colexio de Baíñas, doutro lado, manterán unha vídeoconferencia con Papá Noel dende a Aula CeMIT. Ademais, os Cantos de Nadal de Trubisquiña chegarán a Cereixo ás 17.30 e a Berdoias ás 19.30.

Laxe conmemora hoy los cien años de la plaza Ramón Juega 

El Museo do Mar de Laxe acogerá en la tarde de este miércoles 18 de diciembre (17.00) el acto conmemorativo del centenario del nombramiento de la plaza principal con el nombre de Ramón Juega (1845-1905), médico y alcalde de la localidad entre 1887 y 1890. Tras una charla sobre su vida y obra, se firmarán las actas de donación y se descubrirá el espacio dedicado al galeno dentro del Museo do Mar. Posteriormente, sobre las 18.30, se visitará este inmueble y la propia plaza. Colegio de Médicos, Real Academia de Medicina o Consulado de Uruguay en Galicia se sumaron asimismo al Concello de Laxe para la conmemoración.