De Ninghures publica «O último baile», derradeiro adianto do seu novo álbum

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Pavlo Sampayo

Este venres, ás 00.00, poderá escoitarse en tódalas plataformas

14 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Sairá na medianoite do xoves ao venres e será o terceiro e último adianto do próximo traballo discográfico de De Ninghures, que estará producido por Juan de Dios Martín. O último baile, así se chama o novo sinxelo, parte dunha copla recollida en 1979 por Dorothé Schubarth. A partir desa lírica da tradición popular, e fiada polos versos e a música de De Ninghures, a canción fala do mal amor: «Eses amores que se che meten na cabeza e te consumen», aseguran. Todo iso, complementado cunha instrumentación escura e unha instrumentación, din, «agresiva e visceral».