Caldo de Gloria, homenaxes a Castelao, Día da Lingua Materna... O mes de febreiro virá cargado de letras e de actividades
23 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Caldo de Gloria, homenaxes a Castelao, Día da Lingua Materna... O mes de febreiro virá cargado de letras e de actividades para amar á terra na aldea do Couto.
Día 1 · Obradoiro de caricaturas «Castelao e os nenos», impartido por Siro López para os rapaces das Aulas Científico-Tecnolóxicas.
Día 8 · Unha «Noite do amor» na que a Coral Oliveira interpretará varias pezas, e na que o grupo Silvardeiras de Allariz interpretará Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (22.00 horas).
Día 10 · Anxo Angueira guiará ao alumnado do IES Eduardo Pondal polo Roteiro Val Nativo coincidindo coa efeméride do bautismo do bardo.
Día 12 · Comezo dun curso de poda e enxertos guiado por Amancio Lavandeira.
Día 21 · Para festexar o Día da Lingua Materna a Fundación Eduardo Pondal colabora co servizo de Normalización Lingüística do Concello na organización dun conta contos moi especial. Desta banda, serán os rapaces do instituto os que lles conten historias aos alumnos do resto de centros educativos do municipio.
Día 22 · Unha ducia de participantes das Aulas Científico-Tecnolóxicas, así como varias monitoras, farán un percorrido literario sobre Rosalía e Pondal na localidade na que antano confluíron: Muxía. Guiará Viki Rivadulla.
Día 22 · O mesmo día, haberá Caldo de Gloria no Couto e representación de Sen Tempo Teatro: A voltas co morto chámase a obra (22.00).