Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Camiño, Rodrigo Costoya e outras citas de domingo na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

PACO RODRÍGUEZ

Literatura, baile, medio ambiente ou goce da natureza: este 16 de marzo trae algo de todo iso

16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Quen inventou o Santiago de Compostela que hoxe coñecemos? E quen creou o Camiño de Santiago? Son preguntas que hoxe terán resposta no hotel Bela Fisterra, á unha da tarde, da man da presentación da última creación literaria de Rodrigo Costoya, O século do milagre. Acceso libre ao acto.

A outra cita do día en Fisterra virá da man da asociación ambiental Mar de Fábula, que ten programada para as 11.00 horas unha limpeza da praia do Rostro. O punto de quedada é o aparcamento da zona sur da praia. Os interesados poden consultar no 608 609 042 se están a tempo de acudir. «Este é un areal con moita historia, unha paraxe salvaxe espectacular, só a visita paga a pena», convidaba a entidade hai uns días. Portarán todo o necesario para a limpeza.

Doutro lado, comezará este domingo 16 de marzo unha nova edición, a 12.ª, do Camiño dos Faros. Esta primeira etapa irá de Malpica e Niñóns, con parada en La Ratona, Barizo, para gozar duns callos e dunhas pandeiretas, con talentos como o de Icía Varela. E, finalmente, máis música e neste caso baile: no mercado de Carballo, ás 18.00, amenizado por Rocío Pérez.