















Veciñanza e gastronomía foron exaltadas este sábado nos case últimos encontros de entroido
15 mar 2025 . Actualizado a las 21:41 h.Vai marchando, pero faino ao grande. Sen contar a festa dos de Cances, que aínda sería pola tarde, cando menos tres cocidos coincidiron este sábado a mediodía en Bergantiños, todos con boas cifras. Arredor de 200 persoas xuntáronse no cámping Baldayo respondendo á convocatoria da comisión de festas de Noicela. Os primeiros en disfrazarse, como non, os da organización.













Sobre 200 persoas xuntaron tamén en Santa Baia de Castro, Coristanco, un encontro promovido pola asociación cultural A Fonte Sagrada, creada no 2024. «A idea é reunir aos veciños, ir innovando algo, pouco a pouco», contaban xa metidos en faena sobre esta cita celebrada carpa ao pé dun dos templos máis fermosos da Costa da Morte. Era a primeira edición e contaron tamén con animación musical a cargo de Martín Carrión.






















Subiron aínda máis a cifra dende a comisión de festas de Lemaio (A Laracha), que baixo «unha carpa ben grande» e no polígono celebraron a segunda edición do seu Cocido Carnavaleiro: «O ano pasado fomos algúns máis, pero para este cadraban festas e quedaba tamén cerca o cocido de Noicela», explicaban antes do inicio da festa. Como non, tamén se disfrazaron.