
O historiador corcubionés vén de publicar novo libro coa editorial Laiovento
18 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O historiador corcubionés Luis Lamela continúa afondando nos acontecementos que marcaron o século pasado e vén de publicar un novo libro no que explora o papel dos falanxistas en Galicia durante e trala Guerra Civil.
Golpistas e represores. Retratos e memoria histórica de falanxistas galegos é o título do volume, que Lamela publicou con Edicións Laiovento e que presentará en vindeiras datas na comarca. Neste traballo, o corcubionés recupera «a memoria dos verdugos, a miúdo esquecidos fronte ás vítimas, e analiza a violencia paralegal, extorsións e abusos de poder», explican dende a editorial. Un traballo necesario, engaden, «para entender un pasado histórico e a herdanza do franquismo na España actual».
A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galiza ou as memorias escritas por Domingo Quiroga Ríos durante a súa etapa no cárcere provincial son algúns dos seus últimos títulos publicados.