
Dúas panaderías históricas e as redeiras de O Peirao obtiveron galardóns nos Premios Picadillo
27 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Pechou o martes unha nova edición do Galicia Fórum Gastronómico, do que a Deputación, como paraugas do sabor e facer da provincia, fixo un balance moi positivo «en canto á promoción turística e gastronómica, así como visibilidade dos nosos produtores e chefs». Cafés Lúa e A Despensa d’Lujo foron bos representantes desta comarca, mais tamén Xurxo Agrasar e Eva Fares (As Garzas, Malpica) ou Pepe Formoso, Miguel Silvarredonda, Emilia Iglesias e Martiño Santos, da man de APTCM. Uns e outros participaron de talleres arredor da cociña moderna e tradicional ou da esencia e do territorio. Emilia Iglesias, carballesa, 24 anos, foi reivindicada por Xosé Regueira, vicepresidente provincial, como promesa: «Quedádevos co nome, vai ser unha grande». Tamén houbo Costa da Morte nos Premios Picadillo: na categoría de produtor, rama de mar, para a Federación de Redeiras O Peirao (Malpica); e na de panadarías históricas, para Germán (Fisterra, 1870) e Central (Buño).