Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Carballeira de Baio, espazo de acollida do Proxecto Ríos 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A carballeira de Baio
A carballeira de Baio ANA GARCIA

O espazo, integrado no catálogo de Formacións Senlleiras, albergará unha xornada de portas abertas o 3 de maio 

25 abr 2025 . Actualizado a las 00:34 h.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), coa colaboración do Concello de Zas, ten prevista para o vindeiro 3 de maio, na Carballeira de Baio, a presentación dun dos seus programas de voluntariado ambiental máis senlleiros: Proxecto Ríos: súmate á corrente! Farase cunha xornada de portas abertas que comezará ás 10.30 e na que membros da entidade presentarán programa e actividades. Continuará o día cunha visita ao río Grande, ao seu paso por este espazo, de cara a inspeccionar a calidade das súas augas e o estado de conservación da súa ribeira. 

Adega elixiu a carballeira baiesa, municipal, pola súa diversidade, bo estado de conservación e accesibilidade. Está integrada, doutro lado, no catálogo de Formacións Senlleiras. O proxecto Ríos, ao que se sumou o consistorio na súa preocupación por conservar os espazos naturais, continuará ao longo do ano con análisis periódicas da calidade da auga. Participar da cita do 3 de maio é gratuíto, pero hai que anotarse previamente mediante formulario web.