Luar na Lubre poñeralle banda sonora ás Letras Galegas na Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

BASILIO BELLO

O seu concerto está previsto para o martes 16 de abril, ás 22.00 horas, na praza Les Sables d'Olonne

30 abr 2023 . Actualizado a las 00:38 h.

Deu a coñecer o Concello da Laracha toda a súa programación arredor destas Letras Galegas dedicadas a Fernández del Riego. Como prato forte, o concerto do grupo folk Luar na Lubre: martes 16, 22.00, praza Les Sables d’Olonne, actuación que xirará en torno ao disco «Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos», banda sonora do Camiño.

Aínda con actividades para todos os públicos, os pequenos terán un apartado especial, cun festival de teatro infantil: funcións ás 18.00 horas o martes 16 ( A Laracha), o xoves 18 (Paiosaco) e o venres 19 (Caión), a cargo de Inventi Teatro, Teatro Calavera e Trémola Teatro. Entre as novidades, o espectáculo de baile latino En Clave Tropical, da man da escola de baile Tropicalia: sábado 20, 19.00 horas, cun obradoiro posterior. Seguirá tendo oco a música e baile tradicional, cun espectáculo programado para o domingo 21 (18.00 horas, plaza Les Sables d’Olonne) a cargo de Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión. Terá a escola de teatro, doutro lado, dúas clausuras na Casa da Cultura: a do grupo de adultos o mércores 17, e a de infantil o sábado 20, ambas ás 18.00 horas. Finalmente, haberá exposicións de traballos de cursos municipais nos tres principais núcleos urbanos: do 17 ao 21 na Laracha e do 26 ao 28 en Paiosaco e Caión, sempre a partir das cinco da tarde.