Serán polo paseo marítimo da Coruña, pola parroquia de Soandres e polo entorno do encoro de Cecebre
20 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Laracha abrirá mañá mesmo, luns, o prazo para inscribirse a calquera tres andainas que programa para este outono, pensadas para favorecer estilos de vida saudables e para ofrecer unha alternativa de aproveitamento do tempo libre.
Discorrerán polo propio territorio larachés, ou por localidades limítrofes, e nos tres casos o Concello poñerá autobús con saída ás nove e media da mañá dende a praza Les Sables d'Olonne e regreso ao mesmo lugar ao finalizar a actividade. Anotarse é de balde e hai que facelo chamando ao 981 60 43 24 ou enviando un correo electrónico á dirección turismo@alaracha.gal. Estas son as tres propostas de rutas para este outono:
27 de outubro · Fiestra do Atlántico: doce quilómetros con baixa dificultade polo paseo marítimo da cidade da Coruña.
10 de novembro · As pegadas de Soandres, proposta de 10 quilómetros para coñecer destacados elementos patrimoniais desa parroquia como o Menhir de Erboedo.
24 de novembro · Camiñata de 12 quilómetros polo entorno do encoro de Cecebre.