Convivencia literaria do CPI As Revoltas e o CRA Os Remuíños

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CABANA DE BERGANTIÑOS

Pequenos de Cabana participaron en varias actividades en torno ao Día do Libro

21 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

CPI As Revoltas e CRA Os Remuíños, en Cabana, levaron a cabo unha xornada de convivencia en torno ao Día do Libro. Partindo da obra Soy un artista, de Marta Altés, fixéronse nove talleres: croma, marcapáxinas, bolsas máxicas, mural do corpo, cancións, sal de cores, autorretratos, debuxos e lenzos. De espera, un décimo, con libros. Foi, pois, mais ca ler: convivir, socializar, crear...