Non tes plans para este venres na Costa da Morte? Aquí un bo número deles

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

Axenda a 22 de novembro, con propostas destacadas en varios puntos da comarca 

22 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais dos Venres Teatrais da Laracha e da regueifa e Escola de Familias de Carballo, estas propostas a 22 de novembro para a Costa da Morte:

CamariñasContinúa o Black Friday promovido dende o Concello a través da plataforma MerCamariñas. Hai 19 establecementos adheridos: por compras neles recibirase un tique de participación para sorteos.

Carballo • Na biblioteca Rego da Balsa, ás 20.00, presentación da obra Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo, underground (Editorial Galaxia), de Fernando Fernández Rego. Acompañarán ao autor José Manuel Tasende, do grupo Metro; Xaime Díaz, e Xabier Graña, organizador do Xiria Pop. Acceso libre ata completar capacidade.

Carballo • Acolle o Fórum, de 16.00 a 21.00, unha xornada de formación sobre a produción de castañas, a cargo de Miguel Ángel Vázquez de la Mata. Promove a área de Medio Ambiente, en colaboración coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e de Coreber. Consulta de prazas no teléfono 981 704 100.

CorcubiónO documental Bravú XXX, conmemoración do 30.º aniversario deste movemento musical, chega esta tarde á Casa da Cultura: a proxección está programada para as 19.00.

MalpicaAvanza a 20.ª Mostra de Teatro, hoxe cunha cita para público familiar, nenos a partir de 4 anos. A compañía Pedras de Cartón traerá á vila a obra Quixote: 20.00 horas, centro cívico, clown.

VimianzoTarde de cine na Casa da Cultura, co Ciclo Mestre Mateo: Matria, ás 20.00, con acceso de balde ata completar o aforo. Dirixida por Álvaro Gago, o filme recolle a historia de Ramona, e está dedicado a todas aquelas mulleres que «sosteñen o país na sombra».

Cee • No santuario Virxe da Xunqueira, ás 20.00 horas, a coral Costa da Morte conmemora Santa Cecilia cunha misa cantada e homenaxe aos integrantes falecidos.

Educación sexual das crianzas na Escola de Familias

Hoxe • Educamos por igual a nenos e nenas no plano afectivo sexual? Enviamos as mesmas mensaxes a nenos e nenas? Fomentamos unha axeitada autoestima nas crianzas? Falamos de afectividade e sexualidade con elas? Ben probablemente a resposta a todas estas cuestións será non, ou non todo o que se debería, pero en calquera caso, para poder facelo, e sobre todo aprender a facelo, servirá a sesión de hoxe da Escola de Familias pola Educación en Igualdade, un proxecto desta área municipal e do Servizo de Normalización Lingüística. O encontro está previsto para as 17.30 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Inscribirse é gratis, en snl@carballo.gal.

Jornadas Culdeia, hoy y mañana, en Casa de Trillo, con Afiprodel

Acoge hoy y mañana Casa de Trillo, en Muxía, y de manos de Afiprodel, las jornadas Culdeia: Cultura, Patrimonio, IA e desenvolvemento local. Inteligencia artificial, trabajo en comunidad, sostenibilidad o buenas prácticas serán algunas de las cuestiones a abordar hoy, desde las 17.30.