
A actriz dixo sentirse abrumada e moi emocionada
24 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.«Abrumada», «emocionada» e «moi afortunada» dixo sentirse onte Susana Dans, actriz que recolleu o galardón de Xograr de Outono de mans do portavoz de Cultura da Deputación, Xosé Regueira. Agradeceu tamén «este amor» que o público de Carballo amosa ao mundo dos escenarios, e que para ela, segundo asegurou, é «a mellor profesión do mundo».
Antes de recoller a estatuíña, obra en bronce de Pablo Leal, Belén Pichel, carballesa presidenta da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, en vez de Cándido Pazó, dixo da galardoada: «É a muller que máis admiro e quero». Agradeceulle que encha de «vida e verdade os papeis» que representa e de «dotalos de carne, sangue e vida». Ademais de comentar que Susana Dans fai todos os «seus traballos con alma» destacou a importancia dos seus merecementos e do galardón que lle entregaron nun lugar «prestixiado e que prestixia».
Antes, Miguel Suárez foi o encargado de introducir o acto e o recoñecemento, que vén sendo «a alma do FIOT».