Los gestores del Casino de Carballo confían en seguir en él, restaurarlo y que sea espacio para todos

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Llaman a los socios a acudir a la asamblea del 14 para decidir su futuro

31 mar 2023 . Actualizado a las 11:17 h.

La sentencia sobre el arrendamiento y el retracto para obtener la titularidad del Casino de Carballo ha sido demoledora y negativa para los intereses de los actuales gestores, pero estos no lo ven así exactamente. O, más bien, asumiendo el revés, confían en que haya solución. «É desfavorable para o Casino, como asociación, e para todas as persoas que fan do Casino o que é, un espazo vivo e para todos, pero, sobre todo, é desfavorable para Carballo, que volve a ver ameazado outro lugar de valor, da mesma forma que, no seu día, a casa de Chinto, os antigos Baños Vellos ou o Cinema Ideal, espazos aos que agora só temos acceso en fotografías», señalan en un comunicado en el que formulan y responde a cuatro preguntas.

La primera es si este es el final del Casino. Creen que hay «quen así o quere», pero existe la opción de apelar la sentencia, algo que se debatirá en la asamblea de socios que se celebrará el 14 de abril. «Xa nos vimos noutras peores! Cando no 2018, nos comunicaron por burofax que a compravenda fora escriturada por 70.000 euros, conseguimos, entre moitas persoas de Carballo, xuntar esa cantidade en dúas semanas para podermos protexer o edificio, exercendo o noso dereito ao retracto (é dicir, o noso dereito preferencial de compra ante terceiros), do que ata entón nos viramos privados, porque non se nos informara das condicións da operación cando se realizou. Que non poderemos conseguir, se unimos forzas de novo? E se o apoio fose aínda maior?», se preguntan.

También se plantean por qué han perdido este primer juicio. La demanda se desestima, basándose en que se presentó fuera de plazo y en la «suposta» rescisión de contrato de arrendamiento en el 2016. Con parte buena y menos buena: «O bo disto? Que, como reiteramos durante o xuízo e na documentación achegada, a demanda non se presentou un día tarde, senón ao seguinte hábil, así que cumprimos cos tempos establecidos polo Supremo na sentenza de 29 de abril de 2009. E na propia sentenza, con respecto ao arrendamento, recoñécese que o Casino non só continuou pagando o aluguer, senón que, en agosto de 2018, incluso se recibiu a notificación, pola propietaria, para continuar facéndoo, noutra conta, a partir do mes de outubro dese ano».

Y también hay parte mala: «Ao terse desestimada a nosa demanda, só por cuestión de forma, non se profundiza na clave do asunto, que, para nós, é o prezo de compra polo que Horta do Casino [sociedad propietaria] tería mercado o inmoble e que haberá de ser o que o Casino pague para recuperalo. Isto é fundamental, porque, despois de ver a mobilización social que conseguimos, Horta do Casino na súa demanda, dixo que o valor escriturado de 70.000 euros fora unha confusión e que, en realidade, se trataba de 360.000. Para nós, está claro o que pasou, pero a sentenza non entra a analizar esa parte», explican los arrendatarios.

La tercera pregunta que se plantean tiene que ver con el futuro del Casino. Si esta entidad llega finalmente a ser propietaria (deberán ganar el recurso y pagar la cantidad que se fija en el retracto), el compromiso al que llegan es convertir este lugar en un espacio para todos y trabajar en su restauración, «que ata agora foi só superficial, para seguir acollendo todo tipo de actividades». Pero puede ser que no, esa opción es muy factible: «Se é Horta do Casino quen finalmente quede co inmoble, non o sabemos. Desde o 2018 nunca puidemos falar con ningunha persoa que forme parte desta sociedade nin tampouco coñecemos ningún medio a quen fixesen declaracións. Hai persoas que din que teñen intención de derrubar o Casino e construír un edificio de vivendas, de cortar unha das entradas ao aparcamento, porque sería unha zona privada… Pero todo iso non son máis que comentarios. O único certo é que, como non se pronunciaron nunca de maneira oficial, non coñecemos as súas intencións máis alá de querer desaloxarnos», señalan en su comunicado.

Y, finalmente, el interrogante de cómo se puede ayudar. Los socios, acudiendo a la asamblea del 14 de abril. No se convoca antes porque los estatutos marcan estos plazos. El que no sea socio, puede darse de alta para apoyar. «Despois desa xuntanza imos precisar todo o apoio posible», afirman, además de pedir que el Casino no quede en el olvido. «Outra vez volvemos escoitar: desaloxo, desfavorable, derrota… Pero nós estamos aquí para falar de resistencia, xustiza, unión e, sobre todo, de algo que nos mantén firmes: dignidade. O Casino somos todos, todas as persoas que nos xuntamos hai cinco anos para facer o que ‘era imposible’, todas as persoas que entraron alí e atoparon valor no espazo e tamén todas as persoas que quedan por descubrilo. Salvar o Casino é tamén salvar a idea de que, estando unidos, podemos cambiar o mundo».