Será o vindeiro mércores 25 de outubro. Recentemente levouse a cabo «Chapuzando en familia»
20 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Contacontos para bebés, actividades na natureza, música ou variados talleres son algunhas das actividades desenvolvidas ultimamente baixo o programa Apego do Servizo de Normalización Lingüística de Carballo, propostas que estimulan a crianza en galego e a transmisión desta lingua dende as idades máis temperás. Con carácter inminente —o vindeiro 25 de outubro— e implicando ao servizo municipal de Protección Civil, está programado un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a familias con filas e fillos de cero a seis anos de idade. Para inscrición: 981 704 048. Recentemente levouse a cabo outro, Chapuzando en familia, co apoio de Carballo Deporte. En novembro, doutro lado, chegarán A Xanela do Maxín (día 8) ou a contadora Sole Felloza (día 22).