Premio Lois Peña Novo para o Concello de Carballo pola súa política lingüística

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A Fundación que leva o nome do chairego recoñece o compromiso da Administración local co idioma galego

30 may 2024 . Actualizado a las 20:08 h.

Os Lois Peña Novo son galardóns concedidos anualmente pola fundación que leva ese mesmo nome, premios cuxo fin é recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das Administracións públicas. Pois ben, a edición deste ano, a número 28.ª, xa ten gañadores e un deles é o Concello de Carballo. Segundo fixo constar o xurado na súa deliberación, polo seguinte motivo: «Polo desenvolvemento dunha política lingüística dirixida ao fomento do uso do galego nun concello cunha poboación de máis de 30.000 habitantes no que existe unha porcentaxe nada desprezable de inmigrantes fomentando deste xeito a cohesión lingüística na cidadanía. Polo compromiso iniciado hai máis de 20 anos coa normalización lingüística na xestión administrativa demostrando que a galeguización da vida municipal é posible provocando e xenerando un impulso e un clima favorecedor ao uso do galego na sociedade. Polas accións de socialización do idioma galego que promove de xeito transversal o uso da lingua en distintos estamentos sociais, así como a campaña En galego porque si, na que funcionarios e funcionarias municipais alentan á cidadanía ao uso do galego nas oficinas públicas.»