
O estadounidense viaxará ata a capital de Bergantiños para conversar con Federico Pérez sobre a suá experiencia como neofalante en galego
26 mar 2025 . Actualizado a las 19:52 h.Do 24 ao 27 de abril • Con marzo case en despedida, xa se van coñecendo detalles das propostas para abril, caso da 12.ª edición do festival de contidos dixitais Carballo Interplay: «Un fogar para a creación dixital en galego», reivindican. As actividades estenderanse entre os días 24 e 27. Na xornada inicial recibirase a visita de alumnado de institutos e universidades, que participará de obradoiros sobre como defenderse das violencias na rede, dun percorrido pola historia do videoxogo ou da proxección de dous capítulos da serie Dieciocho. Entre os avances, tamén a demostración de que a comunidade dixital de Galicia non ten fronteiras: así, haberá un encontro co mestre estadounidense Andy Chichester, un «ianquie de alma galega». É dos membros máis queridos da comunidade dixital galegofalante, «un exemplo de defensa da lingua que sae do común». Viaxará ata Carballo para falar co actor Federico Pérez sobre a súa experiencia como neofalante.