Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Talento local e foráneo no Rockin' Carballo da maioría de idade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Imaxe da pasada edición do Rockin'
Imaxe da pasada edición do Rockin' BASILIO BELLO

Temples, The Limboos, Las Petunias, Eleanor Friedberger, Bee Dee Kay & The Roller Coaster e 10kr actuarán no festival, que se celebrará o vindeiro 21 de xuño

27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis grande, cun cartel máis ambicioso e cun escenario novo no Parque do Anllóns. Así se presenta a nova edición do festival Rockin' Carballo, que se celebrará o vindeiro 21 de xuño no marco da programación cultural e festiva do San Xoán.

Apuntan dende a organización que o festival «fará historia» nesta nova xeira: por regresar os concertos nocturnos á Praza do Concello, «onde empezou todo hai 18 anos», din; por estrear un novo escenario para a sesión vermú, o Magnolia, e por un cartel de altura que estará encabezado por un grupo que moitos describen xa como «a mellor banda nova británica».

Trátase de Temples, que xa levou a súa mestura de psicodelia, glam rock e dream-pop a algúns dos festivais musicais máis importantes do mundo. O seu último disco, Exotico, foi producido polo fillo de John Lennon.

Unha viaxe directa ao Caribe é o que prometen The Limboos, con sons que pivotan entre o soul, o blues, o mambo, o swing ou o R&B.

Entre tanto, Las Petunias chegarán dende Madrid logo de térense convertido en referentes da nova onda underground estatal. E Eleanor Friedberger viaxará dende o seu Illinois natal para encandilar aos carballeses co seu estilo sobrio, directo e cheo de clase. Unha proposta que bebe do pop dos 70, do rock intelixente e da electrónica sutil.

Os franceses de Bee Dee Kay & The Roller Coaster, que levan en activo dende 1995, e o mozo carballés 10kr, que leva tempo triunfando en Dinamarca, completarán o cartel deste revolucionario Rockin'.

Lembren data: 21 de xuño.