
O conxunto leva un punto dos últimos quince disputados nas últimas xornadas da Terceira División
20 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O presidente do CCD Cerceda, Ramón Devesa Morandeira (Friol-Lugo, 1970), está preocupado, ao igual que toda a xunta directiva, pola marcha do equipo. Pero nestes delicados momentos da temporada coa marcha do equipo na Terceira División pretende dar tranquilidade ó equipo e ó adestrador. O mandatario sabe que o fútbol é unha situación de xeiras e, nestes intres, o grupo está pasando por un mal momento de resultados. De tal xeito que o Cerceda sumou un dos 16 puntos disputados nos últimos encontros na categoría e tamén nesa fase quedou eliminado da Copa Federación no seu propio campo diante do Arousa.
-¿Ten a directiva algunha medida para atallar a xeira negativa?
-O máis importante neste intre é dar tranquilidade ó equipo e ó técnico. Creo que esa é a misión da xunta directiva para que o grupo siga loitando e cambie os resultados. Temos que ter paciencia e apoiar ao equipo sen máis.
-¿Pensaron en destitucións?
-O que pretendemos é que os xogadores teñan confianza neles mesmos. O ano pasado, co mesmo equipo, estabamos líderes do campionato con 17 puntos. Agora temos once e estamos no posto décimo terceiro. Como se entende isto. É difícil de saber e menos explicar.
-O luns falou con Ángel Cuéllar.
-É certo. O que pretendín foi darlle tranquilidade e tamén escoitalo. Sobre todo que estean tranquilos, posto que o noso apoio va ser total, por descontado.
-Pero na entidade estarán preocupados
-Loxicamente. A marcha non é boa, nin a esperada. É algo inexplicable. Se o ano pasado estabamos onde estabamos e nesta tempada estamos así, non ten moita explicación, polo menos nós non entendemos esta situación nova.
-¿O vindeiro domingo o Deportivo B vén ó Roxo?
-Toca gañar si ou si. Nada mellor para romper as xeiras negativas ca unha vitoria. Sei que os xogadores vano dar todo, como están a facelo hasta este momento. Pero está claro que toca gañar ante un bo rival. Son tres puntos que de conseguilos darán moita moral ao equipo e confianza para seguir traballando no que falta de tempada.
-¿E que din os demais membros da xunta directiva sobre a situación?
-Todos estamos moi unidos neste momento e ao cen por cen entregados co equipo. Desde o vicepresidente, Jesús Sanjurgo, hasta o último vogal, José López, pasando pola secretaria Maite Loureiro, tesoureiro Francisco Javier Pena e os demais vogais Luís Cotelo e Francisco Castiñeiras formamos un grupo unido e esa unión fainos más fortes para afrontar este momento tan delicado.
-¿Pero o club no só é o primeiro equipo?
-Está claro, e do cal tamén estamos moi orgullosos. Temos nove equipos de base: xuvenís, dous; cadete e infantil, outros dous; alevíns, benxamíns, prebenxamíns e biberóns. É algo que non queremos descoidar o máis mínimo e por esa razón ten unha importancia capital para nós. Pero non podemos esquecer que o primeiro equipo é a punta da lanza do club e o que indica o rumbo.
-¿Está moi convencido de que a situación se vai reverter?
-Confianza total neles e, volvo a repetir, desde a xunta directiva queremos dar tranquilidade. Unha serie de circunstancias puntuais fan que os partidos que o ano pasada se gañaban agora non ocorre o mesmo.
-¿Que espera no vindeiro domingo diante o Deportivo B?
-Que a afección estea co equipo desde o primeiro momento e entre todos poidamos saír adiante. Temos equipos e os xogadores e o adestrador demóstranme que van facer todo o posible para saír desta delicada situación. Temos que estar unidos.