
Haberá actividade na piscina municipal dende ás 10.00 horas
22 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A piscina municipal acolle hoxe a segunda edición do Torneo de Salvamento e Socorrismo Concello de Cerceda, que organiza o Club de Natación Cerceda coa colaboración do Concello e da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA). A actividade comezará ás 10.00 horas, coas competicións entre alevíns, infantís e cadetes. Tras un descanso para comer, ás 16.30 horas será o momento de ver ás categorías absolutas.
O Concello recorda que a piscina permanecerá pechada para usuarios durante todo o día de hoxe, no que tamén pasará polo municipio o Rali da Coruña, que obrigará a curtar pola tarde a rúa Saúl Ordas.