Diario dunha regueifeira en Cuba: Faleille a Tomasita, a Taylor Swift da improvisación oral!

Lupe Blanco

CORISTANCO

«Recíbeme un clima tropical e unha xente amable, hospitalaria, educadora e agarimosa con quen vén de fóra»: así foi a primeira xornada ao outro lado do Atlántico 

01 jun 2024 . Actualizado a las 23:42 h.

Xa ando por Cuba. Recíbeme un clima tropical e unha xente amable, hospitalaria, educada e agarimosa con quen vén de fóra, para que nos sintamos como na casa.

O cambio de hora fai que esperte ás seis da mañá, e decido ver a saída do sol no Malecón... Desas cousas que hai que facer unha vez na vida!

Empeza o trote. Recóllennos ás dez para ir cara a cidade de Matanzas. Alí hai unha macro rolda de prensa, con case 30 medios acreditados, entre televisións, radio e revistas americanas. Todo, para presentarmos o Congreso Iberoamericano da décima e o verso improvisado co delegado cultural e director Luís Paz, Papillo. Delegación de Puerto Rico, Cataluña e Galicia. Logo toca entrar en directo na televisión, nun programa matinal a nivel nacional... e rumbo a Varadero!

Quen me ía dicir a min, aquí bañándome no Caribe, e que a dous metros estaría a miña improvisadora preferida, a grande, a mellor, a mestra da poesía oral... A grandísima Tomasita! Algo así como a Taylor Swift da improvisación... e faleille! Cadramos ben, entendémonos no amor polo que facemos, e acontece o milagro. Chega a noite, cóctel de benvida. Pídenme que regueife e fágoo con sentimento bergantiñán! Diante miña, ela, Tomasita, decide cantar comigo e acontece a maxia! Unha cubana regueifeira con torgho bergantiñán! Aquí si que collín respecto, pero despois dunha hora improvisando, deiteime asimilando o que acababa de acontecer. Isto todo en 24 horas, e o que me queda!

Longa vida á regueifa!

Longa vida ao talento de Tomasita, que me acolleu como unha mulata máis! De feito, díxome que esa palabra regaláronlla os galegos...