A Ítaca de Fernando Cabeza Quiles, e algo máis

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

ANA GARCÍA

O Abaladoiro | Dende Coristanco ao Bierzo, tivo unha semana intensa o escritor nado en Ponferrada, mais carballés de adopción

12 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Tocoulle vivir en varios sitios, mais naceu en Ponferrada, así que ao longo do seu camiño vital, tamén el foi definindo «varias Ítacas» ás que lle cómpre regresar de cando en vez para respirar fondo e recargar pilas. É unha reflexión compartida nas súas redes polo escritor Fernando Cabeza Quiles. Unha desas Ítacas, contaba tamén, é O Bierzo, a onde vén de acudir este xa carballés invitado por Héctor Silveiro. Alí participou o domingo nas 17.ª Xornadas Martín Sarmiento, dando unha charla no teatro Enrique Gil y Carrasco de Vilafranca. A velada permitiulle facer «novos amigos berciáns de fala e sentir galegos», que tamén, como el fai aquí, tratan de difundir e por tanto conservar a toponimia do Bierzo occidental. Non hai que remontarse moi atrás para ver traballos en materia toponímica de Cabeza Quiles, pois só unhas xornadas antes, o xoves, pasou pola nova biblioteca de Coristanco para dar a coñecer, xunto ao avogado e escritor Xosé Antonio Andrade e ao editor Fernán Vello o seu libro A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia (Espiral Maior).