A toponimia chegará a Zas e Fisterra da man da RAG

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, este mércores na presentación da quinta campaña Toponimízate
Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, este mércores na presentación da quinta campaña Toponimízate MIGUEL GRANDÍO

Serán sendas charlas que terán lugar no marco da iniciativa «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra»

09 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A iniciativa de divulgación da toponimia galega «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra», que este ano alcanza a súa quinta edición, chegará a Fisterra e Zas no último terzo do 2022.

É coordinada pola Real Academia Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e persegue difundir o valor da riqueza toponímica e involucrar a moitos colaboradores no gran proxecto colectivo de salvagarda dos nomes de lugar a través da aplicación «Galicia Nomeada», co que xa se recuperaron máis de 43.000 microtopónimos.

Nesta nova xeira de charlas participan 17 concellos, entre eles Fisterra (10 de outubro, 17.00 horas, salón de actos) e Zas (21 de novembro, 16.30 horas, IES de Baio).