O Proxecto Nós promovido dende a Xunta de Galicia pasará tamén por Carballo
08 oct 2024 . Actualizado a las 21:07 h.Acolleu Fisterra este martes unha xornada de captación de voz en lingua galega, iniciativa da Secretaría Xeral de Lingua no marco do Proxecto Nós, que tamén impulsa a USC. A idea é que o galego non fique excluído dos desenvolvementos dixitais, de aí que se procuren gravacións a través de dúas vías: unha de captación de voces en liña (https://doagalego.nos.gal) e outra mediante traslados físicos a diferentes concellos —16, nesta fase inicial— para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar. Fisterra, onte, e Carballo están entre os seleccionados.
Unha doazón altruísta para un proxecto que Valentín García, secretario xeral, cualificou como «o máis ambicioso que se ten realizado de cara a que o galego poida ser empregando con toda normalidade nos ámbitos dixitais, un proxecto de país». Houbo boa colaboración en Fisterra: a título individual, dende o Concello —empezando pola alcaldesa, Áurea Domínguez— ou a nivel de colectivos. Fixo Áurea fachenda dun concello colaborador, solidario e comprometido co idioma galego.