Armouse un belén no «Voces de Bergantiños»

Roberto Traba

FISTERRA

ANA GARCIA

Novo divertimento a cargo de Roberto Traba, un sarcástico análise da actualidade dende Fisterra. Bo Nadal!

28 dic 2024 . Actualizado a las 17:23 h.

Como estamos no Nadal,

hai luces en todos lados,

e hai abetos, e hai estrelas,

e hai comercios adornados,

e guirnaldas de mil cores,

e nenos moi ben tapados,

entoando panxoliñas

cos seus avós xubilados,

nas praciñas e nos parques ,

onde, ben iluminados,

hai moitos papás «Noeles»

subindo polos tellados.

Tamén hai Beléns viventes,

todos ben organizados,

ata con mulas e bois

e pastores disfrazados.

Eu, como todos os anos,

farei o meu nacemento,

pero esta vez, polo frío,

e porque hai algo de vento,

vouno facer literario

e contarvos nun momento

quen son os meus personaxes,

todos un descubrimento.

Porei da Virxe María

á miña filla Adriana,

que xa está afeita a disfraces

e mais porque me da a gaña.

De Xan Xosé, ao meu xenro,

Xurxo, pois ten boa barba.

Ha de facelo moi ben,

non ten que dicir palabra.

De Neno Xesús ao meu neto,

Roque, que xa me olvidaba,

e de anxo no Portal

hei de botar a Saleta

que pra algo é a miña neta.

De pastora cun canastro

porei a Belen Edreira,

no cesto ha de levar libros,

porque é unha boa libreira,

e ao ladiño xunto a ela

estará Diego Ferreiro

comentando a boa nova

e tocando co pandeiro.

Grobas estará no río

pescando nas súas redes,

e o que está detrás de Grobas,

se mirades ben o vedes,

é o mesmísimo Ameixeiras,

que che vai de afiador

da man de Cristina Viu,

vestida de lavandeira.

Está Xosé Antonio Viña

no castelo, de romano,

por chega algún paisano,

e pregunte, por suposto,

se se pode entrar na aldea

sen pagar ningún imposto.

Camiñando no camiño,

de pastor ca ovella ao lombo,

camiña D. Mon Lendoiro,

con tres músicos que tocan

uns intrumentos de coiro.

Santi Garrido, de anxo,

dá á xente a boa nova

de que que o Salvador do mundo

naceu nunha cova,

e Longueira e Marta López,

xunto con Patricia Blanco,

entre galos e galiñas,

sentados os tres nun banco,

escoitan pra estar ao tanto

o que lles anuncia o anxo.

 

Por riba da ponte camiña

o bo de Modesto Fraga,

que leva un bordón moi fino

ca cuncha de peregino.

E detrás, á súa zaga,

montados nos seus camelos

repartindo caramelos,

van o meu amigo Jota

e D. “Azafrán” Rodriguez

ao lado dun servidor,

pois non hai trío millor

para facer de Reises Magos

que un trasgo locutor

e dous camiñantes trasgos.

E con isto xa me despido,

pois xa está o Belén armado,

mais se falta algunha xente

que non me teña lembrado,

se me queren desculpar

xa me dou por desculpado.

Desfrutade pois, amigos,

do que queda do Nadal,

ou do equinocio de inverno,

que non me parece mal

aínda que, como di a copla,

tampouco me importa un real

E feliz ano, señoras!

E non o pasedes mal

Que creo que en Noite Vella

non teremos temporal.