
Para todo hai unha primeira vez, e o que argallan no Bela Fisterra será o primeiro evento literario con protagonista internacional
05 abr 2025 . Actualizado a las 23:19 h.Para todo hai unha primeira vez, e o que argallan no Bela Fisterra será o primeiro evento literario con protagonista internacional. Este vindeiro luns, chegará a Galicia o poeta irlandés Paddy Bushe, e será no Bela onde inicie unha residencia literaria de varios días. Tamén o día 8 ofrecerá unha conferencia na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (18.30), baixo o título Amergin and Irish literature. Logo, permanecerá varios días escribindo no finis terrae, para o sábado 12 participar dun evento literario no propio hotel. El lerá algúns dos seus poemas, mais tamén haberá versións traducidas ao galego na voz de Xulio L. Valcárcel, Fernández Naval, Alexandre Nerium, Rivadulla Corcón, Modesto Fraga ou Xosé Iglesias. Será ás 13.00, un acto no que David Clark presentará ademais o seu último libro, tradución de O legado poético de Sir John Moore. Paddy Bushe (Dublín, 1948) virá a Galicia da man da Universidade da Coruña e o Bela, sendo Galicia un dos territorios que máis relación teñen coa súa produción literaria. De amplísima obra poética, tamén tradutor, escribe tanto en irlandés como en inglés.