
A nova entidade está legalizada na Xunta de Galicia e tan so falta dala de alta na Federación de Patinaxe
15 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Antía Romero Vázquez (Laxe, 1994) foi a persoa clave para a constitución do Club Patín Laxe. Unha entidade que fixo xa os trámites de legalización e agora comeza a traballar entre os afeccionados da localidade mariñeira.
-¿Como xurdiu o club?
-O club creouse porque haí moita demanda de rapaces en Laxe. Estamos vendo xa unha boa resposta e non comezamos os adestramentos.
-E foron dando pasos
-Saquei o título de adestradora. Antes competín no Club Conxuro de A Laracha e vexo que hai interese en Laxe. Xa temos uns rapaces interesados en formar parte da nosa entidade, entre eles están Ari e Antía, que teñen algunha experiencia patinando. Antía xa competiu no Conxuro.
-¿Xa teñen xunta directiva?
-Si, foi das primeiras decisións que tomamos. Despois levamos todos os papeis á Xunta para rexistrar o club. Agora fáltanos darnos de alta na Federación Galega de Patinaxe. Somos seis persoas. Jordi Vidal García é o presidente; Fernando Fernández Ron, vicepresidente; Adriana Pose Silva, tesoureira, Patricia Díos Mira e Mireya Ventura Amado, como vocais. Eu, ademais de ser adestradora, ocupo o posto de secretaria.
-¿Que proxectos teñen a curto prazo?
-O primeiro é a posta en marcha dos adestramentos. Os interesados en pertencer ao club poden poñerse en contacto con nós ben no correo electrónico clubpatinlaxe@gmail.com ou chamando ao 617 273 303.
-¿Que se necesita para formar parte do Patín Laxe?
-O primeiro, que lle guste patinar e que veñan a divertirse. Imos comezar pola iniciación e pouco a pouco ir subindo escaleiras hasta poder competir.
-¿É cara a patinaxe?
-Pretendo que non. En función da xente que se apunte poñeremos unha tarifa mensual e adquirir os patíns. Non pretendo que teñan uns bos, senón uns normais para dar os primeiros pasos.
-¿Que idades van a abarcar?
-O ideal é que os máis pequenos teñan catro anos. Desde esa idade xa non hai límite. Só ganas de aprender a patinar e intentaremos que a patinaxe comece a gustarlle a aqueles que o descoñezan o nunca o practicasen.
-¿Onde desenvolverán a actividade?
-O pavillón de Laxe é o sitio ideal. A intención é adestrar os venres, de 16.30 a 18.00 horas, e se necesitamos algún día máis serían os mércores.