«O que arde» estréase o domingo en Navia de Suarna

LAXE

A película de Óliver Laxe chegará ás salas de cine españolas o 11 de outubro

28 sep 2019 . Actualizado a las 13:21 h.

«O que arde» • 2019 • España • Óliver Laxe •

A película O que arde, premio do Xurado no Festival de Cannes e premiada tamén en San Sebastián, estréase este domingo día 29 en Navia de Suarna, tralo seu estreo en Francia —os cines de España terán que agardar ata o 11 de outubro—. O acto do domingo será ás 20.00 horas na Praza da Vila de Navia, e está prevista a asistencia do director, Óliver Laxe, e de varios actores e actrices, como Amador Arias e Benedicta Sánchez.

Na estrea participarán tamén, entre outros, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a deputada de Turismo, Pilar García Porto, e o deputado de Promoción Económica, Pablo Rivera.