José Luís Pérez, PP de Laxe: «O balance é satisfactorio, a pesar das dificultades»

F. Rodríguez / S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Ana García

A carreira electoral | Encabeza a lista popular por terceira vez. Destaca entre o feito a forte redución de débeda e axilidade no pago a proveedores

19 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

José Luis Pérez Añón (1957) tratará de revalidar a alcaldía de Laxe encabezando a lista do PP, por terceira vez. Antes estivo á fronte do independentes.

—Preséntase de novo, e agora xa xubilado.

—Si, xubileime o verán pasado, estiven parte do mandato no centro de saúde. Foi gratificante, sempre se aprende. Pero coa intención de seguir activo, dun xeito ou doutro.

—Desta vez serán catro partidos, un máis.

—Cada un é libre de presentarse. Neste caso, Podemos, se cadra é a maneira de entrar na política da Costa da Morte. Quererán cambiar algo, non sei, está ben, véxoo ben.

—Que balance fai destes catro anos, que destaca do que se fixo?

—A miña valoración é satisfactoria, a pesar das dificultades atopadas. A primeira foi o lastre da débeda que nos deixou o anterior goberno bipartito de BNG e PSOE. Houbo un momento no que Laxe estaba en quebra técnica. Reducimos a débeda e agora mesmo estamos nunha situación satisfactoria. Tamén reducimos o período medio de pago, que pasou de 800 e pico días a 30 e algo con nós. E o covid reduciu o mandato a dous anos e medio, practicamente. Pero, en xeral, balance satisfactorio. Fixemos obras, en saneamento, noutras... Temos forzas para continuar traballando e facer o pendente que aínda temos.

—Quedou algo pendente por culpa da pandemia?

—Sobre todo, as obras. A man de obra construción, era inaccesible moitas veces. Logo, a subida de custes, en xeral, e retrasáronse cousas. Pero o importante é seguir e que non veña outro problema para seguir adiante.

—Que destaca en grandes rasgos do seu programa?

—Levamos proxectos importantes. En economía queremos crear unha comunidade enerxética local. En obras, seguir coa mellora e ampliación da rede de saneamento do municipio. Temos aí a depuradora de Traba e Serantes, e ampliarase o proxecto. En mobilidade queremos solucionar de maneira definitiva a reordenación do tráfico rodado polo núcleo urbano de Laxe, habilitando novas zonas de aparcamento. Estamos cun convenio cos propietarios dos terreos para que nos deixen aparcar durante todo o ano. E tamén mellorar a humanización do casco histórico de Laxe. En servizo, renovar o alumeado público con tecnoloxía led, para aforrar gastos, aumentando os puntos luminosos en diversas zonas. E mellorar a recollida de lixo, aumentando o número de composteiros, a recollida selectiva de aceites e de contido marrón. Apostamos pola cultura, deportes e turismo. Especialmente actividades culturais e deportivas. Queremos innovar e chegar a todas as franxas de idade, rapaces e maiores. E algo importante, tamén: queremos revisar o PXOM. Ademais, a apertura do punto de atención á infancia, o PAI.

A LISTA

1. José Luis Pérez Añón

2. Francisco Charlín Orons

3. Raquel Lema Allo

4. Sandra Mouzo Pose

5. Daniel Mata Martínez

6 . Eulogio Constantino Castiñeira

7. Begoña Gegúndez Allo

8. Araceli Méndez Pereira

9. Manuel Ramos Leis

10. Paula Casas Neira

11. Ernesto Manuel Lema Toja

Suplentes

Diego Soto Pereiro

María Begoña Romar Soneira

Alba Torrado Mouzo

Luis Suena Amigo

Raúl Villar Vidal

José Lema Pose

María del Sol Varela Suena

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Sobre as 8.00, 8.30
  • Que almorza? Descafeinado con leite
  • Prato preferido: Cocido
  • Que non comería? Vermes e lamprea
  • Bebida preferida: Viño tinto
  • Equipo de fútbol: Deportivo e Madrid
  • Que coche ten? Peugeot 407
  • Unha afección: Estar coa familia, pasear
  • Un lugar: Calquera de Laxe
  • Unha rede social? Facebook, pero case nada

ARTES E LETRAS

  • Escritora, escritor favorito: Camilo José Cela
  • Último libro que leu: Vidal, vida dedicada á fotografía
  • Última película que viu: Nothing Hill
  • Un artista: Cantantes de baladas
  • Un actor: Jean Reno
  • Unha actriz: Julia Roberts
  • Un cantante: Baladas en xeral
  • Tipo de música: O mesmo: música do susurro
  • Deporte que practica: Agora, nada
  • Unha viaxe pendente: Roma