Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Polo cabo de San Adrián

La Voz

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Ana Garcia

A ruta á beira do mar ofrece unhas formidables vistas da costa malpicá e conduce a unha ermida de orixe lendario e gran fervor

04 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A segunda entrega do espazo de Radio Voz Bergantiños Costa da Morte. Paso a paso, con Xan Fernández Carrera discorre pola costa malpicá.

Cómo chegar. Partindo da vila de Malpica en coche, hai que desviarse no Ventorrillo cara a estrada de Ponteceso e a un quilómetro collemos o desvío cara San Adrián. Pero é máis recomendable a visita a pé desde Malpica, que é un percorrido de 3 quilómetros e nos agasalla cunhas vistas impresionantes do mar. O camiño está ben acondicionado e sae de Malpica, cruza Canido, prosigue pola praia de Seaia antes de comezar a bordear a ladeira do monte. Pasamos o lugar do Portiño e comeza o ascenso ata chegar á fonte do santuario, o campo da ermida, desde donde hai a panorámica máis ampla das illas Sisargas e o arco que se forma ata punta Langosteira.

As SisargasNo verán hai barcos que permiten achegarse as Sisargas, que son 3. A illa Grande, aparte do seu aspecto natural, ten tamén a súa historia porque houbo unha capela dedicada a Santa Mariña, que ao parecer foi destruída por Drake, e ten tamén o que foi o primeiro faro da Costa da Morte

Arquitectura. A capela de Santo Hadrián é bastante moderna, de comezos do século XX, pero a historia do santuario remóntase aos séculos XV ou XVI. Crese que na súa orixe está na cristanización de cultos pagáns que había no entorno dese cabo. A lenda falaba de que había unha gran serpe no monte que se alimentaba de nenos, así que os nenos suplicáronlle a Santo Hadrián que os liberada, así que o santo foi e co seu caxato e esmagouna cando trataba de escapar deixando unha marca nunha rocha na beira do mar no sitio do Portiño .

A romería. Celébrase o primeiro domingo despois do 16 de xuño ou o fin de semana seguinte. Centos de persoas acompañan a imaxe do santo no percorrido desde Malpica ata a ermida, onde se celebran os actos relixiosos.