Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Foliada Carcaxía incorpora vasos reutilizables

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Tradición e sostibilidade | A cita será o vindeiro 22 de marzo, dende as 19.00 horas en adiante

16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

22 de marzo • Foliadiña e obradoiro de ribeirana con Mar da Bouzas ás 19.00 horas e foliada das 21.00 en adiante, coa actuación do grupo Vello. Ese é o programa da quinta Foliada Carcaxía, organizada pola asociación homónima, de Seaia (Malpica). Haberá comida e bebida a prezos populares e, tamén, un firme compromiso co medio ambiente. Segundo deu a coñecer o Concello, a cita dará un paso adiante incorporando os vasos reutilizables, reducindo así a xeración de residuos plásticos. Agradece o xesto a área de Medio Ambiente, e anima a outras asociacións a adoptar medidas similares en pro da sostibilidade.