Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Comarea, un festival para sentirse en familia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Concerto de Catuxa Salom
Concerto de Catuxa Salom COMAREA

Rematada esta edición invernal, a organización valora positivamente os resultados

11 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Un festival no que o público se sentiu acollido e «como se estivese en familia».

Rematou unha edición invernal que supuxo o retorno do Comarea, e a organización desta cita muxiá valorou positivamente os resultados acadados e o volume de afluencia de público. «Á xente que participou gustoulle moito», aseguran.

Limpeza de lixo na praia do Lago
Limpeza de lixo na praia do Lago COMAREA

Comezou este Comarea os días 3 e 4 de decembro cun taller de percusión doméstica no que se amosou a facer ritmos con «cousas que temos na casa como culleres, vasos, cunchas, caldeiros ou vasoiras», refiren os promotores. Sumáronse persoas de diferentes idades e creouse un ambiente, din, «moi interesante».

O 5, un faladoiro cultural no que se abordaron cuestións de «gran importancia» para a programación cultural dunha pequena vila como Muxía logrou reunir a preto de medio cento de asistentes, que ao rematar gozaron dun petisco e do concerto de Sofía Espiñeira e de Bonita & Sabrosa no Bar Porto.

Faladoiro cultural
Faladoiro cultural COMAREA

Continuou a programación o venres 6 cunha limpeza e cun taller creativo con lixo mariño na praia do Lago, así como coa degustación dunha paella e cos ritmos de Pamela Rodríguez. Esa tarde-noite comezaron tamén, no cámping LagoMar, os concertos de pago, nos que se xerou un «ambiente moi san, con xente con ganas de bailar e entregada ao desfeute», apunta a organización desta cita.

O 7, o bar Plaia das Lanchas acolleu un deses momentos que quedan para o recordo: o atrevemento da pequena muxiá Valentina, que coa súa pandeireta animouse a interpretar un tema con Pulpiño Viascón durante o seu concerto. 

O broche de honra a esta edición correspondeulle a Family Folks, nas Baleas.