Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Recuperemos as mans», tributo a mulleres locais polo BNG muxián

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

O acto, con acompañamento musical, celebrouse no contexto do 8 de marzo

17 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao igual que Camariñas, Fisterra, Cee e Corcubión, tamén o sábado acolleu actos en torno ao 8M, Día da Muller, a localidade de Muxía. Por iniciativa do BNG e baixo o lema Recuperemos as mans, no Salón do Voluntariado levouse a cabo unha homenaxe a varias mulleres locais. «Resultaron agasalladas as panadeiras muxiás Rosa Casais e Rosa do Jures, así como as peixeiras da localidade Rita Lago, Luísa de Virginia, Rosa Soneira, Barca Vilela e Susa Pensado», trasladaron dende o grupo nacionalista. O encontro tivo apartado musical, coa actuación do grupo Lilás e a cantante Dena, que pechou co canto de Matriarcas coreado polo público como recoñecemento ás homenaxeadas.