«A miña comida favorita son os callos da tía Fina»

La Voz

PONTECESO

30 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A cantautora galega Sés anímase a responder as preguntas do terceiro grao:

-¿Quen foi Eduardo Pondal e onde vivu?

-Un poeta de Ponteceso.

-Ben. ¿Que traballan os artesáns máis coñecidos de Buño?

-A olería.

-¿E cal é o mellor produto de Coristanco?

-As patacas, pero as de Carballo tamén valen.

-¿A revolta máis importante da Costa da Morte?

-Bua, pois non me lembro.

-¿Gaita ou guitarra?

-¡Gaita!

-¿Verbena ou foliada?

-Foliada, por suposto.

-¿Cal é a mellor Carballeira: Zas ou Baio?

-A Carballeira de Zas.

-¿Cal é a súa comida favorita?

-Os callos da miña tía Fina.

-Un adxectivo que a defina.

-Natural.

-¿E un defecto?

-Dicir só un é complicado. Pero un deles é a impaciencia extrema que me caracteriza.

-¿Onde está a capital do megalítico de Galicia?

-(Pénsao). Supoño que será Dombate.

-¡Exacto! ¿E cal é o río que ten catro centrais eléctricas?

-O Anllóns. Ah, non, é o Xallas.

-Si, o Xallas. ¿Cando foi a última vez que pranchou a roupa?

-Eu é que non prancho a roupa nunca.

-¿Un lugar da Costa da Morte?

-Berdillo, de onde é a miña familia.

-¿Un viaxe por facer?

-A onde me gustaría ir de verdade é á República Independente da Galiza.