Luisa Martínez, Elena Vázquez e Casto Rivadulla falarán de xeometría, técnicas para mellorar a memoria ou léxico mariñeiro, entre outras moitas cousas
01 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • De 17.30 a 19.00 horas • Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso) • Nova actividade no marco da Universidade Rural do Couto, aínda que neste caso aberta a todo o público interesado en asistir en intercambiar coñecementos cos relatores.
Liderada pola Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT), ao longo da tarde intervirán como poñentes Luisa Martínez, vicepresidenta e oceanógrafa da UCC e do CSIC Galicia, Elena Vázquez, matemática na Universidade de Santiago de Compostela e Casto Rivadulla, neurocientífico na Universidade da Coruña.
Dende as cordas de 12 nudos dos exipcios ata os ferrados da Costa da Morte, a xeometría é un instrumento para fixar os marcos das fincas. Ese será un aspectos nos que afondará Elena Vázquez, mentres que Luisa fará un repaso polo léxico mariñeiro das Rías de Corme e Laxe e Castro Rivadulla ofrecerá consellos para mellorar a memoria e contará qué é o que sucede no cerebro humano cando unha persoa aprende algo novo, lembra un recordo ou se esquece de algo.