Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Cova Céltica en torno a «Con Pondal en Bergantiños»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Novidade literaria deste outono, congregará na Fundación Pondal a un bo número de persoeiros

26 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

15 de novembro • Florecen as letras en outono. A Fundación Pondal acollerá o 15 de novembro, ás 18.00, unha Cova Céltica en torno á obra Con Pondal en Bergantiños, de Francisco Fernández del Riego (Galaxia). Con moderación a cargo de Diana Varela, reunirá a Víctor F. Freixanes, presidente da RAG; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Francisco Castro, director de Galaxia, e Xosé Manuel Varela, editor literario da publicación, na que del Riego fai un percorrido pola vida e obra do «poeta solitario que canta o mar e os piñeiros da costa brava de Bergantiños», o seu admirado bardo. Inscricións: fundacioneduardopondal@gmail.com.