Miguel Anxo Mato e Diana Varela Puñal participaron o martes nunha iniciativa da biblioteca do centro Eduardo Pondal
19 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A biblioteca do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso promoveu para este pasado martes, con motivo das Letras, unha actividade que queren manter no tempo e que levou ata o centro a dous autores de poesía do municipio: Diana Varela Puñal e Miguel Anxo Mato. Ambos foron convidados a elixir unha árbore que os representase e, diante delas, instalaron un piar e unha placa de madeira co nome dos escritores, a data e a denominación da especie en latín e galego. No caso de Miguel, un bidueiro; no de Diana, unha cerdeira. Ambos levaron cadanseu ramo de flores. A docente Emma Abella, parte tamén do equipo de biblioteca, foi a encargada de conducir o acto, pedíndolles aos escritores que falasen, ademais, da súa escolla da poesía como medio literario. Un grupo de alumnos e alumnas interpretaron varias pezas folclóricas e todo foi gravado polo equipo de radio do centro.