O Concello programou para o martes 16 este espectáculo para público escolar
07 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Martes 16 • Anuncia o Concello de Vimianzo para o martes 16 de maio unha programación especial para festexar as Letras Galegas. Farano co espectáculo Cantares das Letras, de Luís Vallecillo, ao que acudirán alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio: 10.30 horas, auditorio municipal. Xogos, bailes e teatro mestúranse nesta obra que fai unha lembranza de autores como Carlos Casares, Rosalía de Castro, Manuel María ou Carvalho Calero. Doutro lado, acollerá a biblioteca unha exposición sobre Fernández del Riego, homenaxeado este ano: visitas pola semana de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas, así como os sábados, entre 09.30 e 13.00 horas.