![](https://img.lavdg.com/sc/3Jbb_-TIVzz_-F2sm_VkJaf0abQ=/480x/2024/10/05/00121728147902516483256/Foto/CO6C10F3_19350.jpg)
Para este vindeiro mércores está prevista una presentación na libraría Couceiro de Santiago
06 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Nunha conversa recente con Radio Voz, o xornalista e tamén escritor Alberto Mancebo, vimiancés, avanzaba que tiña traballos entre mans. Indolente é unha mostra diso, a súa nova novela na rúa, un traballo que lle valeu o 30.º Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. Para este vindeiro mércores, 9 de outubro, ás 19.30, está prevista unha presentación na libraría Couceiro de Santiago, onde o autor estará acompañado pola meteoróloga Bea Hervella. Ten motivo.
E é que a obra (Xerais) está cativando lectores cunha historia «intensa e desacougante» que transcorre nas aforas de Santiago e no barrio das Fontiñas. Indolente viaxe ao 2041, poñendo no centro un mundo afectado por unha tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar, o que provoca auroras boreais e fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e eléctricos. Unha situación límite á que se expón Nora: trata de chegar a Santiago coa súa familia.
Podería ocorrer algo así na realidade? Esa parte será a que trate Hervella. Mais precisamente estes días, a actividade solar estase a situar en picos extraordinarios que poden producir auroras boreais en lugares pouco habituais: xa sucedeu así na primavera pasada. Dende o xurado do Premio Manuel Lueiro destacaron da obra premiada a súa atmosfera «hipnótica e abafante». Non lle faltan á trama severos dilemas.