Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Aprendizaxe polas ondas, en Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

Pola capital de Soneira pasaron escolares de catorce centros da Costa da Morte. Participaro no maratón radiofónico polos 30 anos de Ponte... nas Ondas!

27 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Valença do Minho, Lisboa, Allariz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Vimianzo. Eses foron os nove puntos de emisión da maratón radiofónica que a asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas Ondas promoveu este mércores para festexar o seu 30.º aniversario, e que valorou a última hora da tarde como «un éxito». No caso da capital de Soneira, e coa voz de condutores como Pepe Formoso, foron sete horas de programación en directo dende a Casa da Cultura, nutrida por escolares de catorce centros educativos da Costa da Morte [uns 70 a nivel xeral]: o IES Maximino Romero, co programa Teatro lido de Labarta Pose no seu centenario; o CPI As Revoltas de Cabana, con A música en Cabana; o Labarta Pose de Baio, con O mundo rural; O Vila de Cee, con A escritura e a lingua galega; o CEIP Milladoiro, con Pandereteiras de Malpica; o IES Eduardo Pondal con A máquina do tempo; o Praia de Quenxe de Corcubión, con O saber sabor de aldea; o Gándara-Sofán, con Patrimonio inmaterial de Berdillo; As Forcadas de Corme, con Percebeiros e redeiras; o San Vicenzo vimiancés, con Feminismo; o Pedra da Aguia, con Encaixe; o Cabo da Area, con Influencia científica de Isidro Parga Pondal; o CEIP de Dumbría, con Microtoponimia; e o Nosa Señora do Carme, con O mar.

BASILIO BELLO

Un «encontro intercultural» vivido con «orgullo» dende Vimianzo, tal e como reivindicaron autoridades locais e autonómicas, por medio de Jesús Manuel Bértolo, director xeral de Centros de Educación.

Patrimonio cultural e inmaterial, coa música popular e os oficios artesanais como grandes protagonistas, foron o eixo dos programas. Todo iso saíu a través de exhibicións, entrevistas, actuacións ou contos.