O académico Manuel González González deu azos en Zas para seguir con esta loita que xa vén de tantos anos atrás
31 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O alcalde de Zas, Manuel Muíño, acompañado por algúns dos máis activos membros da Comisión Labarta Pose para as Letras Galegas, recibiu onte no consistorio a Manuel González González, membro da Real Academia Galega e, non só iso, senón un dos numerarios que defendeu a candidatura do autor baiés para as Letras 2025. Non prosperou finalmente, mais a esperanza non se perde. En presenza de Jorge Mira, Xosé María Lema, Xosé María Rei e Xosé Manuel Varela, deixou constancia no libro de honra do Concello do seu agradecemento pola «deferencia» de telo recibido. Trasladou parabéns ao goberno local e á mencionada comisión polo seu traballo e constancia: «Estou seguro de que o seu esforzo, apoiados pola sociedade e institucións de Zas, logrará máis pronto ca tarde o obxectivo das Letras para Labarta, unha loita que ten un valor aínda máis especial se cabe, ao tratar de desterrar valoracións inxustas sobre a súa figura». González, catedrático de Filoloxía Románica e membro da RAG dende o 1992, ofreceu o seu perenne apoio, ao servizo da cultura, da lingua, a xustiza e o progreso.