
Como xa é tradición, o concurso de disfraces nesta localidade será o martes de carnaval, día 4
19 feb 2025 . Actualizado a las 22:52 h.Suma a Costa da Morte o programa de entroido deseñado polo Concello de Zas: comezará o sábado 1, cunha festa no polideportivo baiés chea de propostas e amenizada por Brais das Hortas e Peter Punk. Para favorecer a conciliación, haberá os días 3 e 4 obradoiros para os pequenos polas mañás, tanto en Baio como en Zas: de 10.00 a 13.00, con inscrición previa. Quedará o día grande para o martes 4, co tradicional concurso no pavillón de Zas: festa e animación dende as 16.00, tamén filloas á pedra, e concurso ás 19.00 con 1.750 euros en premios: 150, 75 e 50 na categoría de 0 a 5 anos; o mesmo para os de 6 a 14; 250, 150 e 100 para os de máis de 15, e 300, 200 e 100 para grupos de máis de tres compoñentes, ao que hai que engadir un premio especial de Zaschoqueiro (100 euros). Poden inscribirse no Concello ou o propio día antes das 18.00. A festa do día 1 terá doces e cantina a favor de alumnado de cuarto da ESO do instituto; e na do 4 farase o propio, mais co CPI de Zas.